Desde esa convicción, con esa arquitectura, “O profesional” de Dusan Kovacevic é un texto atravesado pola civilidade, por esa delgadísima liña na que o ser humano foi aprendendo a construírse no respeto ao outro, nos valores do diálogo, na asunción da alteridade. E isto, proclamado desde o corazón de Belgrado, nas paisaxes desoladas da vella Iugoslavia destruída é unha lección moral de radical magnitude.
En “O profesional” comparece a cómica tristeza dos que un día se quedaron sen patria, ¿ou sería conveniente invertir esta orde e precisar que é máis ben a comedia triste daqueles aos que a Historia lles roubou a súa historia persoal? Sexa como for, o que Kovacevic non está disposto a negociar é a risa, a ironía, o sarcasmo, os espellos grotescos que retratan a fin dun século XX que se pecha en Europa exactamente igual que se inaugurou, como unha terrible maldición: sangrando polas cicatrices dos Balcáns.
Pero Kovacevic, lúcido notario deste tempo, militante dun escepticismo luminoso, sabe ben que por riba de todo o que ningunha sociedade debe de perder nunca é a súa capacidade para rir. Porque, finalmente, a risa é a arma máis poderosa contra a iniquidade, a vileza, a ignominia; é o fracaso da represión.
Por iso “O Profesional” é, sobre todas as cousas, unha risotada triste, unha gargallada áspera na beira do abismo contra a crueldade de certos destinos. ¿Acaso os nosos…?
Sem comentários:
Enviar um comentário